segunda-feira, 11 de novembro de 2013

V Xornadas micolóxicas de Pontedeume

Os vindeiros15,16 e 17 de novembro terán lugar ás V Xornadas micolóxicas de Pontedeume. Este ano, ademais do programa e o espazo habitual, contaremos coa participación do Colectivo Terra, con varios estabelecementos de hostalaría da vila que farán unha pequena ruta de petiscos micolóxicos, e cunha exposición permanente de cogomelos no CSO A Casa da Estación.

quarta-feira, 6 de novembro de 2013

ACTUACIÓN QUICO CADAVAL

    Este sábado teremos ao grande Quico Cadaval entre nós. A partir das 21:30 actuará no noso local. Debido ao reducido espazo do que dispoñemos sería aconsellábel reservar a entrada. Quen queira,  pódeo facer mandando un correio.

quarta-feira, 30 de outubro de 2013

ACTIVIDADES 2013-2014

 Dende o colectivo querémosvos ofertar o maior número posible de actividades. Ás que xa eran habituais, este ano temos que engadir iniciación á gaita, ioga, birimbao e pandeireta.
Quen teña interese nalgunha, pódenos mandar un correo ou chamar aos teléfonos que figuran con cada unha das actividaes.
Gaita: 698122557
Guitarra: 607837292
Ioga: 653632291
Pandeireta e birimbao: 620904570
Pilates: 696555997

MAGOSTO POPULAR

Achégate o sábado 2 de Novembro a festexar o magosto con nós. Estaremos a partir das 18h no local preparando as castañas, cabazas e algunhas cousiñas máis.

terça-feira, 3 de setembro de 2013

NÓS TAMÉN ESTAMOS DE FESTAS !!!

Nós tamén estamos de festas!!! O sábado 7 ás 21:30 estarán no local Mofa e Befa representando o espectáculo "Cociña económica". Se queredes reservar entradas (5€), mandade unha mensaxe. O domingo 8 , tamén as 21:30 haberá unha Jam Session. Anímate a tocar!!!

terça-feira, 4 de junho de 2013

Sermos Galiza em Pontedeume



Apresentaçom do Sermos Galiza.


Esta sexta-feira, 7 de junho, teremos em Pontedeume às e aos companheiros do Sermos Galiza, num ato organizado conjuntamente polo Colectivo Terra e o Ateneo Eumés, no que nos apresentarám o jornal nado há pouco mais dum ano. O ato decorrerá na Casa da Cultura de Pontedeume às 19 horas.






terça-feira, 28 de maio de 2013


ROTEIRO POLAS FRAGAS DO EUME

Este sábado, 1 de junho, organizamos um roteiro polas Fragas do Eume. Será um percorrido circular de dificultade baixa, duns 7 km. A saída está programada para as 9:00 horas. A rota trasncorre à margem do rio Eume, pasando polo Parrote e remontando até a central da Ventureira para voltar pola margem esquerda do rio com chegada ao Mosteiro de Caaveiro.

No caso de participarem nen@s a nossa recomendaçom é que o fagam a partir dos 9 anos, o grupo adaptará-se ao ritmo deles.

Levar comida e roupa abrigosa, ainda que é um roteiro de primavera vai frío pola zona.

Apontar-se chamando ao nº 618 88 78 97 ou bem por umha mensagem no nosso facebook. Também o podes fazer a través do nosso correio colectivoterra@gmail.com

Haverá um encontro em Pontedeume para ir tod@s junt@s. Será às 8:30 em foremdes, frente ao IES Breamo.

quinta-feira, 16 de maio de 2013

17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS

Dende o Colectivo Terra queremos chamar ás/aos eumesas/es a participar na mobilización que o 17 de Maio percorrerá as rúas de Compostela en defensa do noso idioma. A continuación publicamos os manifestos de Queremos Galego e do Bloco Laranja. 

Queremos Galego


O noso idioma, o galego, é a base fundamental  sobre a que nos sustentamos como pobo. Se deixamos que esa base se estrague, todo canto se  apoia nela, a nosa esencia como galegos e galegas, abaneará como a terra nun sismo devastador.
 Porque non queremos ser estranxeiras na propia patria, atopamos motivos abondo para nos
mobilizar este 17M, entre eles:
 - Un goberno galego que debería promocionar e proxectar a lingua propia de Galiza, mais que en lugar diso  fai xustamente o contrario, levando adiante medidas que só afondan nos retrocesos que o galego está a sofrir. Un goberno que emitiu un Decreto que mingua as posibilidades de uso no ensino a mínimos históricos desde a existencia da Lei

quarta-feira, 24 de abril de 2013

Presentazón do novo libro de Carlos Callón "Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez"

O próximo 4 de maio, Carlos Callón estará de novo con nós presentando o seu libro "Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez". Desta volta será no noso local, ás 18h.

terça-feira, 9 de abril de 2013

CURSO DE BIOCONSTRUCCIÓN 20 E 21 DE ABRIL


Os vindeiros 20 e 21 de Abril, teremos no noso local un curso de bioconstrucción. Será impartido por Javier Ovejero en horario de 16h a 20h. Para apuntarte mándanos un correo.



COMO CONSTRUIR A TÚA PROPIA CASIÑA 
SAUDÁBEL:
Aprende a plantexar, deseñar e construir unha pequena casa respetando o medio ambiente, a túa saúde e a dos que te rodean.
PROGRAMA:
  • SÁBADO 20 de Abril (4 horas):
  1. Conceptos básicos/permacultura/inspiración-creatividade
  2. Buscar un sitio/Clima/Sol/Auga/Terra/Seres vivos
  3. Cuestións legais/Calificacions/Permisos/Alternativas
  4. Plantexar/Deseñar/Planos/Maquetas/Materiais
  • DEBERES:
Deseñar e construir unha pequena maqueta da nosa casiña.
  • DOMINGO 21 de Abril (4 horas):
  1. Cimentos/Partes/Tipos/Materiais e técnicas
  2. Estructura e Tellado/Partes/Tipos/Materiais e técnicas
  3. Muros, portas e fiestras/ Partes/Tipos/Materiais e técnicas/Tratamentos da madeira
  4. Canalizacions/Tratamento de augas e residuos/ Composterio/ Electricidade

O curso é principalmente teórico (agás os deberes, con materiais incluidos) e orientado a Galiza, con máis contido do que posiblemente se poida asimilar nunha fin de semana, pero ofrecendo toda a información ampliada en forma de fotocopias a máis de formato dixital (traer Pen Drive de casa).
Ademáis, @s participantes interesad@s en completar a formación de forma práctica, serán incluidos nunha listaxe de contactos segundo os seus intereses. Deste modo, ao longo do ano, recibirán notificacións para formar parte gratuitamente de obradoiros prácticos preto de Compostela.
Aportación: 50 euros/40 euros a persoas en situación precaria (Falando primeiro).

sexta-feira, 22 de março de 2013

OBRADOIRO DE CLOWN

Queremos informarvos dun curso de Clown que impartirán no noso local membros do grupo teatral Niumpaloal´Arte.
Trátase dun curso monográfico de 12 horas, repartido en tres días. Neste obradoiro traballarase a deshinibición,
desenvolverase a comunicación e a escoita como base para iniciar improvisacións. Desenvolveranse as emocións e o sentido do humor como modelo de expresión e traballaranse as fórmulas cómicas para que @s participantes acaden as ferramentas precisas para construir números individuais, en parella e grupais, así como os seus propios espectáculos.
O obradoiro desenvolveríase os días 6, 7 e 8 de Maio de 16:00 a 20:00. Tería un prezo de 45€ para soci@s e 50€ para @s non soci@s. Teríamos que formar un grupo mínimo de 7 persoas, polo que se vos interesa inscribídevos canto antes.

sexta-feira, 8 de março de 2013

Representación de "O fútbol é así"

Ola a tod@s
Para celebrar o X aniversario da Web amiga Ábrete de orellas, imos ter no noso local a representación teatral da compañía Obras Públicas, "O fútbol é así", escrita e dirixida por Xosé Prieto e protagonizada polos actores Leandro Lamas e Mos. 60 minutos de música e teatro con xornalistas deportivos, coa afección e por suposto cos xogadores. Unha historia baseada en feitos inventados que ben puideron ter ocorrido na fase final dun mundial no que xogaba unha selección vestida de vermello.
A representación será o venres 15 de Marzo ás 21h. A entrada terá un prezo de 3€ para soci@s ou anticipada, e de 4€ na billetería.
Se queredes facer unha reserva, enviade un correo a abretedeorellas@gmail.com ou a colectivoterra@gmail.com .Dádevos présa que o aforo é limitado.

                      Vídeo de "O fútbol é así"

segunda-feira, 4 de fevereiro de 2013

ENTROIDO NO TERRA

Para festexar o entroido, o vindeiro sábado día 9, imos degustar un cocido no local. Quen queira vir xantar, terá que confirmalo como máis tardar o xoves 7. Terá un prezo de 13€ para sóci@s e 15€ para non soci@s. O menú constará de sopa, cocido, postre, pan, auga-viño e grolos. Tamén aproveitaremos para inaugurar o amaño do local grande, que está sendo reformado para facelo máis cómodo e incluir un espazo para @s nen@s. Pola tarde teremos un baile para grandes e pequen@s, e faremos unhas filloas para merendar. Sen máis agradecervos que veñades disfrazad@s e que confirmedes con tempo a asistencia.

sábado, 19 de janeiro de 2013

EM DEFESA DA LÍNGUA

  Desde o Colectivo Terra chamamos a participar este 27 de Janeiro na manifestaçom nacional convocada pola Plataforma Queremos Galego em defesa da língua e em resposta aos contínuos ataques que esta está a sofrer. Aderimos também ao Bloco Laranja, bloco que fará parte da manifestaçom agrupando ao reintegracionismo de base.
  A manifestaçom partirá às 12:00 desde a Alameda de Compstela. A seguir reproducimos os comunicados de Queremos Galego e do Bloco Laranja.

BLOCO LARANJA
Podemos motivar, podemos somar, mas é preciso virar o rumo
   O espanhol, que já era a língua praticamente única das cidades galegas mais povoadas, também se tornou a língua ambiental de um grande número das nossas vilas médias e até pequenas nos últimos anos. Nestas circunstáncias, também ficárom mui reduzidas as pessoas que tenhem algum tipo de contacto com a nossa língua. Sabia-se que ia acontecer e aconteceu, de maneira que algo tem que estar a falhar. Como tantas outras cousas na nossa sociedade, o movimento