terça-feira, 29 de abril de 2014

DEBATE LOMCE


 
 
O próximo venres 2 de maio faremos un debate arredor da Lomce. Participarán represaentantes de diferentes organizacións estudantís. Será ás 18h no Local do Colectivo Terra e está organizado polas súas mocidades.

quarta-feira, 23 de abril de 2014

PALESTRA MEGAMINARÍA

 
As políticas coloniais non son nada novas neste País pois levamos séculos padecendoas. Dende as conserveiras, producción eléctrica, xestión forestal... ate problemáticas máis actuais  como o desmantelamento do sector financiero, mínguan a nosa capacidade como Pobo para nos desenvolver axeitadamente. Unha das agresións que históricamente sofre a nosa terra e o da minaría.  As Pontes, As Encrobas ou as pizarreiras do Courel son exemplos dabondo de como a cobiza duns/dunhas pouc@s estragan coas economías locais de moitas comarcas.
  Mas tampouco queremos ser derrotistas, e se é certo que algunas batallas se perderon, outras moitas se gañaron. Hoxe temos unha comezada, e estamos seguros que como hai corenta anos en Xove VENCEREMOS!!!
Esta guerra é contra a megaminaría, e para nos falar dela virán este sábado dous veciños de Bergantiños. Paco García Carlos Reino son menbros da Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños  e estarán este sábado 26 ás 18h no Centro de maiores de Pontedeume para nos falar desta ameza.

segunda-feira, 21 de abril de 2014

"HÁMSTER" POR HISTERIA TEATRO

O próximo venres  25 de Abril  ás 20:30 estarán o noso local Histeria Teatro coa representación de Hámster, obra do dramaturgo moañés Santiago Cortegoso.
Nesta obra, unha parella de hámster convive na súa gaiola. El é feliz coa súa situación tal e como está, e a súa maior ansia é gustarlle ao público que o vén ver. Pero ela non se conforma co que xa coñece, quere explorar máis alá, e por iso ten a maleta preparada. As vicisitudes e contradicións do hámster macho e a hámster femia son o fío argumental deste “pretexto para un espectáculo de teatro físico sen cancións”, co que Santiago Cortegoso gañou nos encontros Magalia de teatro hai xa varios anos.
A entrada é gratuita, e cada espectador aportará ao final da obra o que entenda que é o xusto polo espectáculo que remata de desfrutar.
Lembrade que o local do Colectivo Terra está situado en Boa Vista 8 Baixo. Pontedeume. GZ