segunda-feira, 28 de julho de 2014

CURSO INTENSIVO INICIACIÓN AO ALEMÁN

O curso de "Introdución ao alemán" impartirase durante todo o mes de agosto. Partirase dun nivel inicial de pleno descoñecemento do idioma e o obxetivo do curso consistirá nun achegamento aos países de fala alemana e ás súas características socio-culturais ademais da adquisición de competencias lingüísticas activas e pasivas similares ás previstas para o nivel A1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

Horarios:
Luns, martes e xoves. 11.30h - 13h (sesións de 1h 30min)*

*Dependendo da cantidade de xente interesada poderase conformar un segundo grupo cun horario de 10h - 11.30h.

Prezos:
- 17,50 € para @s soci@s.
- 20 € para @s non soci@s.

Contidos:
O temario previsto pódese pedir por mail. A metodoloxía das clases estará enfocada dependendo dos intereses d@s alumn@s. Tarefas de expresión oral e comprensión auditiva empregando medios audiovisuais serán básicas en todas as clases. A intención é aprender a lingua pasándoo ben e disfrutando do proceso.

Inscripcións:
correo electrónico: alemapontedeume@outlook.es
móbil: 606 845 819

As clases comezarán o 4 de agosto.


quinta-feira, 24 de julho de 2014

I Jornada de Herpetología

O domingo 27 de Julho animamos-vos a participar na I Jornada de Herpetología que levaremos a cabo em Terras do Mandeo, com o fim de conhecer e identificar os répteis e amfíbios do entorno. O guía Rafael Vázquez, esperto em herpetofauna ibérica falara-nos de ecología, conservaçom e também das ameaças e tradiçons culturais relacionadas com os hérpetos. A saída partirá no concelho de Coirós na comarca de Betanços, a actividade é livre polo que nom estipulamos hr de remate para que poidades partir quando melhor vos venha. As distàncias a rotar nom som largas e deslocarémo-nos em carro aos lugares correspondentes. Podem apontar-se nen@s i é recomendável levar roupa ajeitada e jantar.
 Vemo-nos no monte!

domingo, 13 de julho de 2014

DIA DA MÁTRIA

Desde o Colectivo Terra convidamos-vos a festejar connosco a Festa da Pátria, o Dia Nacional de Galiza, o Dia da Mátria, a Festa da Pachamama Galega, a Festa Maior de Galiza, porque a luita pola liberdade da Terra é a luita pola liberdade de todos os povos oprimidos do planeta, é o abraço entre as pátrias assobalhadas que querem ser donas do seu destino, é a solidariedade inquebrantável com a Palestina.

A próxima sexta-feira 18 de julho teremos esta jornada de convívio que começará às 19h com um torneio de ping-pong, às 21h teremos umha ceia popular e remataremos com um concerto de Ataque Escampe por volta das 22h. Durante toda a jornada @s assitentes teram ao seu dispor umha série de jogos populares. A ceia consistirá em petiscos, carne ao caldeiro, pam, vinho ou água... e terá um preço de 10€. É importante ter em conta, que para assistir á ceia, é preciso apontar-se antes de 17 de Julho mandando um correio ao Colectivo ou chamando ao 645951343.

Saúde e Terra!

segunda-feira, 7 de julho de 2014

RECOLLIDA DE SINATURAS

As mocidades do Colectivo Terra iniciaron a pasada semana unha recollida de sinaturas, co fin de que o Concello habilite xornais e revistas en galego na biblioteca municipal de Pontedeume, así como noutros locais municipais nos que se poida ler a prensa.
Argumentan que é un dereito que se recoñece no Estatuto de Autonomía e na lei de Normalización Lingüística e que as institucións deben garantir.
As sinaturas recóllense no local social do Colectivo.

terça-feira, 1 de julho de 2014

ROTEIRO EN KAYAK POLA RÍA DE ARES

A mostrar IMG-20140629-WA0014.jpg
O vindeiro venres, 11 de xullo, as mocidades do Colectivo Terra organizan unha ruta en Kayak pola Ría de Ares, co fin de coñecer o noso entorno desde outro punto de vista e facer algunha actividade ao aire libre.
Sairemos do peirao eumés ás 17:30 hs. Compre estar ás 17:00 alí. A actividade rematará sobre as 19:00 hs.
Está aberto a tódolos públicos, sen restrinción de idade.
Inscripcións:
- Facebook: Colectivo Terra
- Correo: colectivoterra@gmail.com
- Tlf: 619 654 219
Prezos:
- 9€: menores, soci@s e desempregad@s.
- 10€: non soci@s.
Nota:
- As crianzas poden ir baixo a responsabilidade dunha persoa adulta e non teñen que pagar.
- Ao anotarse mandarase un correo coa roupa que hai que levar e algunha pequena indicación.