quinta-feira, 16 de outubro de 2014

VOLVE O TREME A TERRA!!


O vindeiro sábado, 18 de outubro, celebraremos unha reunión para comezar a organizar o festival "Treme a Terra". Será aberta a toda a xente interesada, polo que esperamos a túa asistencia e apoio. Repartiremos Lotaría de Nadal para vender e dispor de cartiños para comezar a traballar!
Farémola ás 16:30 hs. no local social do Colectivo Terra (Boa Vista, Nº8, baixo)

sexta-feira, 3 de outubro de 2014

10 DE OUTUBRO "FALANDO CLARO" DE PEPE SENDÓN

O próximo venres 10 de outubro Pepe Sendón recunca no Terra. Desta vez presetará a obra "Falando claro" que trata a historia de Claro José Sendón Lamela  o anarquista de Louro.
FALANDO CLARO trata de reconstruír a vida aventureira dun personaxe único a través dos textos que nos deixou. Por medio deles transitaremos pola Semana Tráxica arxentina, polos anos 20 neoiorquinos, polo Crack de 1929 e a posterior Grande Depresión, pola vitalidade dos primeiros días da República e o agre Bienio Negro, por insólitos episodios do anarquismo galego, polos ominosos días previos
á sublevación militar e, !nalmente, pola Guerra Civil española.
As palabras dun rebelde, deste afouto rebelde de Louro, libertarias e radicais, agudas e retranqueiras, dramáticas e emocionantes, serán a nosa guía para coñecer unha !gura novelesca que malia parecer de outro mundo, é do noso; e para revisitar unha parte moi importante do noso pasado, que malia parecer de outra historia, tamén é a nosa.
A representación comezará ás 21h e a entrada terá un prezo de 5€.