segunda-feira, 29 de dezembro de 2014

O APALPADOR VISITA PONTEDEUME

Mañá día 30 o Apalpador visita a nosa  vila. Ás 18h nen@ e maiores agardaremos a súa chegada na carpa situada na Praza do Conde. Alí poderemos xogar e escoitar algún conto. Cando apareza o Apalpador acompañarémolo a dar un paseo polas rúas de Pontedeume. Remataremos de novo na carpa para merendar bola e chocolate quente.

terça-feira, 23 de dezembro de 2014

2º PASE DE "OS NENOS PERDIDOS"

Despois do exito na estrea da obra "Os nenos perdidos", o vindeiro sábado 27 de decembro teremos, ás 20:30 hs. ao grupo de teatro DAMECUERDAQUETEATRO cun segundo pase.
Resumo: tres nenos escondidos no faiado dun orfanato reciben a inquietante visita dunha monxa cega. Tenrura, humor e traxedia nun episodio negro da nosa historia.
Recomendada para maiores de 12 anos.
Entrada de balde. Pasarase a gorra ao finalizar a representación, cuxos beneficios irán destinados á organización do festival "Treme a Terra".

segunda-feira, 15 de dezembro de 2014

PRESENTACIÓN DO CALENDARIO DE MULLERES COLLEITEIRAS VENRES 19 DE DECEMBRO

O próximo venres 19 ás 20:00, presentarase no local o calendario en beneficio do proxecto Mulleres Colleiteiras. Contaremos coa presenza de Rocío Botana de arquitectos sen fronteiras, Gabriel Tizón fotógrafo do calendario e unha representación das mulleres protagonistas do proxecto.
Mulleres Colleiteiras é unha iniciativa de autoemprego que busca fomentar o empoderamento e autoestima das participantes, recollendo os seus desexos por unha vida mellor, as súas ganas de emprender e sentirse donas do seu futuro.
Máis de 20 mulleres xitanas e ciganas, residentes nos asentamentos de As Rañas e da Pasaxe comenzaron a traballar xa fai máis dun ano na recollida de aceite usado, de forma voluntaria co desexo de que servise como ferramenta para mellorar as súas condicións de vida.
Este residuo utilízase, cun proceso de refinado posterior na produción de biocombustible, entre outros. A día de hoxe, estas mesmas mulleres están a participar no proceso de constitución dunha cooperativa que dará a forma definitiva a este proxecto e permitirá a súa emancipación e acceso a un traballo normalizado.
Este calendario realizouse con imaxes do fotógrafo Gabriel Tizón, en beneficio do Proxecto. Doce amables imaxes que nos achegan os rostros destas grandes mulleres.

terça-feira, 2 de dezembro de 2014

REPICHOCA DOMINGO 7 DE DECEMBRO NO BAR VARADOIRO

O próximo domingo 7 de decembro organizamos xunto co Bar Varadoiro unha Repichoca. A música será de estilo libre, e quen o desexe poderá unirse co seu canto, instrumento ou baile. Dende o Colectivo poremos a venda racións de callos a prezos populares, así como o diferente material editado co obxecto de recadar fondos para a realización dop XVI Festival Treme a Terra.
Animádevos a pasar este domingo ás 21:00 polo Bar Varadoiro na Rúa Real de Pontedeume.