sexta-feira, 22 de março de 2013

OBRADOIRO DE CLOWN

Queremos informarvos dun curso de Clown que impartirán no noso local membros do grupo teatral Niumpaloal´Arte.
Trátase dun curso monográfico de 12 horas, repartido en tres días. Neste obradoiro traballarase a deshinibición,
desenvolverase a comunicación e a escoita como base para iniciar improvisacións. Desenvolveranse as emocións e o sentido do humor como modelo de expresión e traballaranse as fórmulas cómicas para que @s participantes acaden as ferramentas precisas para construir números individuais, en parella e grupais, así como os seus propios espectáculos.
O obradoiro desenvolveríase os días 6, 7 e 8 de Maio de 16:00 a 20:00. Tería un prezo de 45€ para soci@s e 50€ para @s non soci@s. Teríamos que formar un grupo mínimo de 7 persoas, polo que se vos interesa inscribídevos canto antes.

sexta-feira, 8 de março de 2013

Representación de "O fútbol é así"

Ola a tod@s
Para celebrar o X aniversario da Web amiga Ábrete de orellas, imos ter no noso local a representación teatral da compañía Obras Públicas, "O fútbol é así", escrita e dirixida por Xosé Prieto e protagonizada polos actores Leandro Lamas e Mos. 60 minutos de música e teatro con xornalistas deportivos, coa afección e por suposto cos xogadores. Unha historia baseada en feitos inventados que ben puideron ter ocorrido na fase final dun mundial no que xogaba unha selección vestida de vermello.
A representación será o venres 15 de Marzo ás 21h. A entrada terá un prezo de 3€ para soci@s ou anticipada, e de 4€ na billetería.
Se queredes facer unha reserva, enviade un correo a abretedeorellas@gmail.com ou a colectivoterra@gmail.com .Dádevos présa que o aforo é limitado.

                      Vídeo de "O fútbol é así"