O Colectivo Terra de Pontedeume nace co obxectivo de plantar a nosa pequena semente na defensa e difusión dos dereitos do noso pobo, da nosa cultura, da nosa lingua e da nosa historia, desexando que esta semente xermole e floreza, xunto con outras moitas sementes, nun futuro mellor para o noso país.
quarta-feira, 24 de abril de 2013
Presentazón do novo libro de Carlos Callón "Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez"
O próximo 4 de maio, Carlos Callón estará de novo con nós presentando o seu libro "Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez". Desta volta será no noso local, ás 18h.
terça-feira, 9 de abril de 2013
CURSO DE BIOCONSTRUCCIÓN 20 E 21 DE ABRIL
Os vindeiros 20 e 21 de Abril, teremos no noso local un curso de bioconstrucción. Será impartido por Javier Ovejero en horario de 16h a 20h. Para apuntarte mándanos un correo.
COMO
CONSTRUIR A TÚA PROPIA CASIÑA
SAUDÁBEL:
Aprende a plantexar, deseñar e construir unha
pequena casa respetando o medio ambiente, a túa saúde e a dos que
te rodean.
PROGRAMA:
- SÁBADO 20 de Abril (4 horas):
- Conceptos básicos/permacultura/inspiración-creatividade
- Buscar un sitio/Clima/Sol/Auga/Terra/Seres vivos
- Cuestións legais/Calificacions/Permisos/Alternativas
- Plantexar/Deseñar/Planos/Maquetas/Materiais
- DEBERES:
Deseñar e construir unha pequena maqueta da nosa
casiña.
- DOMINGO 21 de Abril (4 horas):
- Cimentos/Partes/Tipos/Materiais e técnicas
- Estructura e Tellado/Partes/Tipos/Materiais e técnicas
- Muros, portas e fiestras/ Partes/Tipos/Materiais e técnicas/Tratamentos da madeira
- Canalizacions/Tratamento de augas e residuos/ Composterio/ Electricidade
O curso é principalmente teórico (agás os deberes,
con materiais incluidos) e orientado a Galiza, con máis contido do
que posiblemente se poida asimilar nunha fin de semana, pero
ofrecendo toda a información ampliada en forma de fotocopias a máis
de formato dixital (traer Pen Drive de casa).
Ademáis, @s participantes interesad@s en completar a
formación de forma práctica, serán incluidos nunha listaxe de
contactos segundo os seus intereses. Deste modo, ao longo do ano,
recibirán notificacións para formar parte gratuitamente de
obradoiros prácticos preto de Compostela.
Aportación: 50 euros/40 euros a persoas en situación
precaria (Falando primeiro).
sexta-feira, 22 de março de 2013
OBRADOIRO DE CLOWN
Queremos informarvos dun curso de Clown que impartirán no noso local membros do grupo teatral Niumpaloal´Arte.
Trátase dun curso monográfico de 12 horas, repartido en tres días. Neste obradoiro traballarase a deshinibición,
desenvolverase a comunicación e a escoita como base para iniciar improvisacións. Desenvolveranse as emocións e o sentido do humor como modelo de expresión e traballaranse as fórmulas cómicas para que @s participantes acaden as ferramentas precisas para construir números individuais, en parella e grupais, así como os seus propios espectáculos.
sexta-feira, 8 de março de 2013
Representación de "O fútbol é así"
Ola a tod@sPara celebrar o X aniversario da Web amiga Ábrete de orellas, imos ter no noso local a representación teatral da compañía Obras Públicas, "O fútbol é así", escrita e dirixida por Xosé Prieto e protagonizada polos actores Leandro Lamas e Mos. 60 minutos de música e teatro con xornalistas deportivos, coa afección e por suposto cos xogadores. Unha historia baseada en feitos inventados que ben puideron ter ocorrido na fase final dun mundial no que xogaba unha selección vestida de vermello.
A representación será o venres 15 de Marzo ás 21h. A entrada terá un prezo de 3€ para soci@s ou anticipada, e de 4€ na billetería.
Se queredes facer unha reserva, enviade un correo a abretedeorellas@gmail.com ou a colectivoterra@gmail.com .Dádevos présa que o aforo é limitado.
Subscrever:
Mensagens (Atom)

