domingo, 1 de abril de 2012

AS FRAGAS SUCUMBEN AO LUME


O Colectivo Terra non pode máis que mostrar a súa máis absoluta condena á man criminal que produciu o maior desastre ecolóxico dende a catástrofe do Prestige, e a desesperación que lle produce ao igual que a todos os galegos e galegas a asistir impotentes á calcinación das Fragas do Eume, último reduto de bosque atlántico do país e único en toda Europa.

Porén, temos que superar esta situación e ter a cabeza fría para por un lado identificar aos culpabeis, tanto os que prenderon o lume coma os que permitiron que tomase proporcións épicas, e polo outro, para organizarnos e esixir xa non os nosos dereitos senón os dereitos da Fraga.

Temos que volver os nosos ollos a aqueles que teñen a obriga de depurar responsabilidades e o deber de dar solucións.

En canto a responsabilidades, referímonos en primeiro termo, a que nesta situación de seca e altas temperaturas o goberno non tivese tomado as precaucións debidas. Que tivesen que apagar o lume brigadas procedentes de León e Cáceres, tendo milleiros de brigadistas profesionais con formación e anos de experiencia no paro nesta mesma terra, a causa dos recortes impostos polo modelo neoliberal. Sendo neste caso o Partido Popular o encargado de levar a cabo a reducción de 7 millóns de euros en extinción de incendios e 20 millóns en prevención. Tamén nos referimos á máis total e absoluta falta de respecto cara a cidadanía, modificando a realidade na información dada na prensa.  Evitan falar dun Parque Natural que está incluido na Rede Natura e disfrazan as cifras de hectáreas calcinadas. O executivo galego xoga ao despiste falando de 750, cando os últimos cálculos falan de máis de 2000 hectáreas.

Pero que se podía agardar dunha sociedade que leva décadas cercando e agredindo á Fraga invadida con eucaliptos, froito dunha política forestal perversa, desecada para encher coa súa auga a lagoa faraónica de As Pontes, envelenada con torrentes ácedos produto das obras da autopista Ferrol-Vilalba, e ameazada dia si e día tamén por Endesa e os seus lodos tóxicos, Picobello Andalucita S.L. e a súa mina, etc.

É momento de dicir basta! Suficiente! Coma ante un familiar moribundo, temos que prometer facer todo o que estea nas nosas mans para asegurar o futuro das nosas Fragas e da nosa Terra. Por todo isto, animamos aos galegos e galegas a participar tanto nas concentracións que terán lugar o Luns 2 de Abril ás 20.00 horas nas cidades galegas coma na Plataforma en defensa das Fragas do Eume que se constituirá na dita concentración da vila de Pontedeume diante da Concello.


A Coruña: nos Cantóns.
Pontedeume: diante do Concello
Vigo: Porta do Sol (Sireno)
Compostela: Praza do Obradoiro
Pontevedra: Ferrería
Lugo: diante do Concello
Ourense: Paza Maior (diante do concello)

segunda-feira, 26 de março de 2012

Adiante coa Greve Xeral

O Colectivo Terra apoia a greve xeral do 29M

Dende o Colectivo Terra queremos transmitir o noso apoio á Greve Xeral convocada polo sindicalismo galego e de clase, para o 29 de Marzo, e animamos á cidadanía a participar activamente nas mobilizacións que terán lugar ao longo do País.

Esta greve está amplamente xustificada. O Goberno Central do PP, seguindo a liña marcada polo PSOE nestes

quarta-feira, 15 de fevereiro de 2012

XA ESTÁ AQUÍ... O ENTROIDO!!!



Este sábado 18 de Febreiro celebramos o entroido cun cocido no local do Colectivo e despois... Galeokada!
Se vos animades, non tedes máis que anotarvos no facebook ou mandarnos un correo antes do venres ó mediodía.

quarta-feira, 28 de dezembro de 2011

CINEMA DE NADAL II


HARRY POTTER E A PEDRA   FILOSOFAL

Venres 30 de decembro ás   19:00h no local do Colectivo   en Boa Vista nº8 
NNN