Dende o Colectivo Terra queremos chamar ás/aos eumesas/es a participar na mobilización que o 17 de Maio percorrerá as rúas de Compostela en defensa do noso idioma. A continuación publicamos os manifestos de Queremos Galego e do Bloco Laranja.
Queremos Galego
O noso idioma, o galego, é a base
fundamental sobre a que nos sustentamos
como pobo. Se deixamos que esa base se estrague, todo canto
se apoia nela, a nosa esencia como
galegos e galegas, abaneará como a terra nun sismo
devastador.
Porque non queremos ser estranxeiras na propia
patria, atopamos motivos abondo para nos
mobilizar este 17M, entre eles:
- Un goberno galego que debería promocionar e
proxectar a lingua propia de Galiza, mais que en lugar diso fai xustamente o contrario, levando adiante
medidas que só afondan nos retrocesos que o galego está a sofrir. Un goberno
que emitiu un Decreto que mingua as posibilidades de uso no ensino a mínimos
históricos desde a existencia da Lei