quinta-feira, 16 de outubro de 2014

VOLVE O TREME A TERRA!!


O vindeiro sábado, 18 de outubro, celebraremos unha reunión para comezar a organizar o festival "Treme a Terra". Será aberta a toda a xente interesada, polo que esperamos a túa asistencia e apoio. Repartiremos Lotaría de Nadal para vender e dispor de cartiños para comezar a traballar!
Farémola ás 16:30 hs. no local social do Colectivo Terra (Boa Vista, Nº8, baixo)

sexta-feira, 3 de outubro de 2014

10 DE OUTUBRO "FALANDO CLARO" DE PEPE SENDÓN

O próximo venres 10 de outubro Pepe Sendón recunca no Terra. Desta vez presetará a obra "Falando claro" que trata a historia de Claro José Sendón Lamela  o anarquista de Louro.
FALANDO CLARO trata de reconstruír a vida aventureira dun personaxe único a través dos textos que nos deixou. Por medio deles transitaremos pola Semana Tráxica arxentina, polos anos 20 neoiorquinos, polo Crack de 1929 e a posterior Grande Depresión, pola vitalidade dos primeiros días da República e o agre Bienio Negro, por insólitos episodios do anarquismo galego, polos ominosos días previos
á sublevación militar e, !nalmente, pola Guerra Civil española.
As palabras dun rebelde, deste afouto rebelde de Louro, libertarias e radicais, agudas e retranqueiras, dramáticas e emocionantes, serán a nosa guía para coñecer unha !gura novelesca que malia parecer de outro mundo, é do noso; e para revisitar unha parte moi importante do noso pasado, que malia parecer de outra historia, tamén é a nosa.
A representación comezará ás 21h e a entrada terá un prezo de 5€.

terça-feira, 16 de setembro de 2014

Clases de pilates

O martes 16 darán comezo as clases de pilates no noso local social. Realizaranse durante todo o curso, os martes e os xoves.
Horario:
1ª clase: 19:00-20:00 hs.
2ª clase: 20:15-21:15 hs.

Prezos:
soci@s: 22,5€
non soci@s: 25€

Para máis información: 696 55 59 97, Noela.

segunda-feira, 28 de julho de 2014

CURSO INTENSIVO INICIACIÓN AO ALEMÁN

O curso de "Introdución ao alemán" impartirase durante todo o mes de agosto. Partirase dun nivel inicial de pleno descoñecemento do idioma e o obxetivo do curso consistirá nun achegamento aos países de fala alemana e ás súas características socio-culturais ademais da adquisición de competencias lingüísticas activas e pasivas similares ás previstas para o nivel A1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

Horarios:
Luns, martes e xoves. 11.30h - 13h (sesións de 1h 30min)*

*Dependendo da cantidade de xente interesada poderase conformar un segundo grupo cun horario de 10h - 11.30h.

Prezos:
- 17,50 € para @s soci@s.
- 20 € para @s non soci@s.

Contidos:
O temario previsto pódese pedir por mail. A metodoloxía das clases estará enfocada dependendo dos intereses d@s alumn@s. Tarefas de expresión oral e comprensión auditiva empregando medios audiovisuais serán básicas en todas as clases. A intención é aprender a lingua pasándoo ben e disfrutando do proceso.

Inscripcións:
correo electrónico: alemapontedeume@outlook.es
móbil: 606 845 819

As clases comezarán o 4 de agosto.