quarta-feira, 22 de junho de 2011

ROSALIA DE CASTRO ESTRANXEIRA NA SÚA PATRIA

O día 22 de xuño comezamos a nosa andaina coa presentación do libro de Francisco Rodríguez "Rosalía de Castro estranxeira na súa patria". Compraceunos dobremente comezar o noso percorrido da man de Rosalía de Castro:  - polo que representa como a poeta nacional, figura senlleira das nosas letras e imprescindible da literatura europea e universal de S XIX, a maioría das veces menosprezada ou ignorada, como demostra o feito de que veñamos de conmemorar o 125 aniversario da súa morte sen pena nin gloria por parte das institucións políticas e culturais do noso país.
- pola súa condición de muller, unha muller excepcional e de vangarda nos seus tempos, unha muller por descobrir alonxada da imaxe sesgada e estereotipada de submisión que se nos ten transmitido dela.