quarta-feira, 26 de dezembro de 2012

O APALPADOR

Este nadal por fin chega o Apalpador a Pontedeume.
Se o ano pasado eran @s compañeir@s da Gentalha do Pichel quen nos acompañaban para presentar o seu libro " A teoria do inverno, os presentes do Apalpador", este ano imos ter a visita do vello carboeiro.
Este venres 28 a partir das 18:00, estaremos polo local  realizando diferentes actividades para @s nen@s. Poderán pintar, haberá un teatriño, globoflexia...
Pasádevos!!!

terça-feira, 11 de dezembro de 2012

POLAFÍA EN PONTEDEUME

As polafías son un proxecto da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), coordinado polo vogal de Literatura de Tradición Oral, Antonio Reigosa, e que conta coa colaboración de diversas asociacións e co patrocinio de institucións públicas.
A palabra polafía é un neoloxismo referido ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais, e ten como obxectivo primordial o de poñer en valor e rescatar do esquecemento o valioso patrimonio oral, literario e musical, galego. O termo polafía quere reunir no seu significado o mellor dos diferentes matices e acepcións de vellas palabras (polavilas, fías, fiadas, fiandóns, seráns,...) con semellantes contidos. A principal diferenza, en canto ao desenvolvemento, daquelas xuntanzas de antigo co desta nova proposta é que agora podemos, e debemos, axudarnos das novas tecnoloxías, desde os aparellos de gravación, que favorecen o arquivo e estudo do recompilado, ata o uso de novas tecnoloxías, caso de internet, que poden contribuír a unha ampla difusión deste patrimonio.
O formato das polafías require a presenza dun mantedor, divulgador ou especialista que introducirá e comentará as principais características das pezas e xéneros literarios amosados, dun recitador de poesía anónima ou de autor de feitío popular; dun músico, que interpretará romances, coplas ou cantares de raiceiras tradicionais. Sen embargo, o elemento humano transcendental e imprescindible no desenvolvemento de cada polafía constituírano os homes e mulleres, narradores, cantadores, romanceadores...etc, veciñas e veciños de cada lugar onde se desenvolva a polafía, pois eles son os auténticos protagonistas, os que xenerosamente transmiten o seu saber.
O que suceda nas polafías será gravado e logo difundido a través da web da AELG. As polafías teñen unha duración aproximada de 90 minutos.
http://galiciaencantada.com/dentro.asp?c=0&id=2197
http://www.aelg.org/

segunda-feira, 29 de outubro de 2012

MAGOSTO


Ola a tod@s
Agardamos que veñades a desfrutar do magosto que imos facer o vindeiro mércores. Dende as 17:00h, estaremos polo local decorando cabazas, facendo colares de zonchos, asando castañas, maquillando aos/as pequen@s (e grandes), rindo...
Non tedes escusa para faltar.
Se queredes colaborar ou facer suxestións non dubidedes en poñervos en contacto con nós. 
Saúde e festa.

terça-feira, 24 de julho de 2012


Por segundo ano consecutivo celebramos o Día da Patria, cambiamos de formato e se ben na primeira edición foi un festival ó aire libre co concerto de Ataque Escampe e Arenga desta volta celebrámolo no local do Colectivo cun Campionato de Futbolín para reivindicar a oficialidade das nosas Seleccións Nacionais e á noitiña, de balde, o monólogo do Turista MadrileÑo de Evaristo Calvo (Mofa e Befa).

Se queredes participar no Campionato de Futbolín tendes que apuntarvos no correo do Colectivo ou enviarnos unha mensaxe antes do venres ó mediodía e o prezo é de 5€ por parella.



segunda-feira, 4 de junho de 2012

ACTO INFORMATIVO SOBRE A LEI DE MONTES

Este xoves 7 de Xuño ás 21h na Antiga Cámara Agraria de Rebordelo (Monfero) charla sobre a Lei de Montes, intervirán:
Daniel Vispo. Vogal de Ordenación do Territorio de ADEGA.
Alberto Lema Couso. Coordinador da Xunta Rectora da ORGACCMM.
Organiza:
ADEGA
Colectivo TERRA. Pontedeume.
                                                     Asoc. Cultural e Medioambiental O ABORDELO. Monfero.

quarta-feira, 16 de maio de 2012

NA GALIZA SÓ EM GALEGO


Desde o Colectivo Terra queremos mostrar o nosso apoio e animar a participar na manifestaçom convocada pola Plataforma Queremos Galego com motivo do Dia das Letras Galegas para este 17 de maio.

A manifestaçom, que sairá às 12 da manhá desde a  Alameda de Compostela, conta com o apoio de numerosas organizaçons ao longo do País e levará às ruas a oposiçom do Povo Galego às medidas levadas a cabo nos últimos anos, por parte do governo da Junta de Galiza, contra o nosso idioma e que tanto dano lhe estám a fazer.

Por isso este 17 de maio devemos dar umha resposta conjunta e berrar: Na Galiza em galego!

PAREMOS OS ATAQUES CONTRA O GALEGO


Dende o Colectivo Terra queremos mostrar o noso apoio e animar a participar na manifestación convocada pola Plataforma Queremos Galego con motivo do Día das Letras Galegas para este 17 de maio.

A manifestación, que sairá ás 12 da mañá dende a Alameda de Compostela, conta co apoio de numerosas organizacións ó longo do País e levará ás rúas a oposición do Pobo Galego ás medidas levadas a cabo nos últimos anos, por parte do goberno da Xunta de Galiza, contra o noso idioma e que tanto dano lle están a facer.

Por iso este 17 de maio debemos dar unha resposta conxunta e berrar: Na Galiza en galego!

domingo, 13 de maio de 2012

PRESENTACIÓN DO LIBRO “SOÑADORES”


O vindeiro martes 15 de maio ás 20.30h presentarase na Biblioteca Municipal de Pontedeume o libro “Soñadores” do fotógrafo Gabriel Tizón.  No acto, contaremos coa presenza do autor, que será presentado polo seu editor Pablo Zaera.
Dende o Colectivo Terra agardamos a túa asistencia.
Un saúdo.

domingo, 1 de abril de 2012

AS FRAGAS SUCUMBEN AO LUME


O Colectivo Terra non pode máis que mostrar a súa máis absoluta condena á man criminal que produciu o maior desastre ecolóxico dende a catástrofe do Prestige, e a desesperación que lle produce ao igual que a todos os galegos e galegas a asistir impotentes á calcinación das Fragas do Eume, último reduto de bosque atlántico do país e único en toda Europa.

Porén, temos que superar esta situación e ter a cabeza fría para por un lado identificar aos culpabeis, tanto os que prenderon o lume coma os que permitiron que tomase proporcións épicas, e polo outro, para organizarnos e esixir xa non os nosos dereitos senón os dereitos da Fraga.

Temos que volver os nosos ollos a aqueles que teñen a obriga de depurar responsabilidades e o deber de dar solucións.

En canto a responsabilidades, referímonos en primeiro termo, a que nesta situación de seca e altas temperaturas o goberno non tivese tomado as precaucións debidas. Que tivesen que apagar o lume brigadas procedentes de León e Cáceres, tendo milleiros de brigadistas profesionais con formación e anos de experiencia no paro nesta mesma terra, a causa dos recortes impostos polo modelo neoliberal. Sendo neste caso o Partido Popular o encargado de levar a cabo a reducción de 7 millóns de euros en extinción de incendios e 20 millóns en prevención. Tamén nos referimos á máis total e absoluta falta de respecto cara a cidadanía, modificando a realidade na información dada na prensa.  Evitan falar dun Parque Natural que está incluido na Rede Natura e disfrazan as cifras de hectáreas calcinadas. O executivo galego xoga ao despiste falando de 750, cando os últimos cálculos falan de máis de 2000 hectáreas.

Pero que se podía agardar dunha sociedade que leva décadas cercando e agredindo á Fraga invadida con eucaliptos, froito dunha política forestal perversa, desecada para encher coa súa auga a lagoa faraónica de As Pontes, envelenada con torrentes ácedos produto das obras da autopista Ferrol-Vilalba, e ameazada dia si e día tamén por Endesa e os seus lodos tóxicos, Picobello Andalucita S.L. e a súa mina, etc.

É momento de dicir basta! Suficiente! Coma ante un familiar moribundo, temos que prometer facer todo o que estea nas nosas mans para asegurar o futuro das nosas Fragas e da nosa Terra. Por todo isto, animamos aos galegos e galegas a participar tanto nas concentracións que terán lugar o Luns 2 de Abril ás 20.00 horas nas cidades galegas coma na Plataforma en defensa das Fragas do Eume que se constituirá na dita concentración da vila de Pontedeume diante da Concello.


A Coruña: nos Cantóns.
Pontedeume: diante do Concello
Vigo: Porta do Sol (Sireno)
Compostela: Praza do Obradoiro
Pontevedra: Ferrería
Lugo: diante do Concello
Ourense: Paza Maior (diante do concello)

segunda-feira, 26 de março de 2012

Adiante coa Greve Xeral

O Colectivo Terra apoia a greve xeral do 29M

Dende o Colectivo Terra queremos transmitir o noso apoio á Greve Xeral convocada polo sindicalismo galego e de clase, para o 29 de Marzo, e animamos á cidadanía a participar activamente nas mobilizacións que terán lugar ao longo do País.

Esta greve está amplamente xustificada. O Goberno Central do PP, seguindo a liña marcada polo PSOE nestes

quarta-feira, 15 de fevereiro de 2012

XA ESTÁ AQUÍ... O ENTROIDO!!!



Este sábado 18 de Febreiro celebramos o entroido cun cocido no local do Colectivo e despois... Galeokada!
Se vos animades, non tedes máis que anotarvos no facebook ou mandarnos un correo antes do venres ó mediodía.