Dende o Colectivo Terra queremos mostrar o
noso apoio e animar a participar na manifestación convocada pola Plataforma
Queremos Galego con motivo do Día das Letras Galegas para este 17 de maio.
A manifestación, que sairá ás 12 da mañá dende
a Alameda de Compostela, conta co apoio de numerosas organizacións ó longo do
País e levará ás rúas a oposición do Pobo Galego ás medidas levadas a cabo nos
últimos anos, por parte do goberno da Xunta de Galiza, contra o noso idioma e
que tanto dano lle están a facer.
Por iso este 17 de maio debemos dar unha
resposta conxunta e berrar: Na Galiza en galego!