"Represión e resistencia en Galiza",
conferencia de Carlos Méixome e proxección de “A cidade da selva”
O próximo venres 13 de febreiro ás 19:30 no local do Colectivo
Terra (Boa Vista 8, Pontedeume), Carlos Méixome falará sobre
“Represión e resistencia en Galiza” e posteriormente será
proxectado o documentario “A cidade da selva”. Esta actividade
enmárcase no ciclo “Pancho na memoria” coordinado polo Ateneo
Eumés e o Colectivo Terra en homenaxe a Francisco Martínez Leira
"Pancho".
Coa
palestra de Carlos Méixome, profesor, historiador e director
do Instituto de Estudos Miñoranos, queremos aproximarnos ao contexto
global da represión franquista e á conseguinte resistencia do noso
pobo. Vai ser o equipo arqueolóxico do Instituto de Estudos
Miñoranos quen realice os traballos de exhumación desenvolvidos no
cemiterio de Grandal (Vilarmaior) durante outubro de 2011 onde
apareceron nunha fosa común cinco cadáveres vítimas do franquismo,
entre eles o avó do ex-deputado do BNG Francisco Rodríguez.
"A
cidade da selva" era o nome dun refuxio para os guerrilleiros
antifranquistas ubicado no val de Casaio, na comarca de Valdeorras.
Funcionaba como un cuartel onde a comezos dos anos corenta se
realizou o Congreso da Selva. Este encontro reuniu máis dun cento de
fuxidos de todas as comarcas de Galiza, incluída a do Bierzo. O
documentario recolle, a través dos testemuños dos protagonistas, a
historia da guerrilla e dos fuxidos. O filme abranxe desde os tempos
da República até a morte do último guerrilleiro, no ano 1954,
Francisco Martínez Leira. Aparece o testemuño de Juan “Anido”,
enlace guerrilleiro de Mugardos e grande amigo de Pancho que sofreu
seis anos de cadea en Burgos por defender a liberdade.
Pechará o ciclo “Pancho na memoria” a profesora Aurora Marco
que falará sobre "As mulleres na guerrilla", ademais será
proxectado o documentario "Silenciadas". Este actividade
será o venres 6 de marzo ás 19:30 no Salón de Plenos do Concello
de Mugardos
Para
máis información: 639 28 82 63
http://panchoguerrilleiro.wordpress.com