O Colectivo Terra de Pontedeume nace co obxectivo de plantar a nosa pequena semente na defensa e difusión dos dereitos do noso pobo, da nosa cultura, da nosa lingua e da nosa historia, desexando que esta semente xermole e floreza, xunto con outras moitas sementes, nun futuro mellor para o noso país.
segunda-feira, 11 de novembro de 2013
V Xornadas micolóxicas de Pontedeume
Os vindeiros15,16 e 17 de novembro terán lugar ás V Xornadas micolóxicas de Pontedeume. Este ano, ademais do programa e o espazo habitual, contaremos coa participación do Colectivo Terra, con varios estabelecementos de hostalaría da vila que farán unha pequena ruta de petiscos micolóxicos, e cunha exposición permanente de cogomelos no CSO A Casa da Estación.
quarta-feira, 6 de novembro de 2013
ACTUACIÓN QUICO CADAVAL
Este sábado teremos ao grande Quico Cadaval entre nós. A partir das 21:30 actuará no noso local. Debido ao reducido espazo do que dispoñemos sería aconsellábel reservar a entrada. Quen queira, pódeo facer mandando un correio.
quarta-feira, 30 de outubro de 2013
ACTIVIDADES 2013-2014
Dende o colectivo querémosvos ofertar o maior número posible de actividades. Ás que xa eran habituais, este ano temos que engadir iniciación á gaita, ioga, birimbao e pandeireta.
Quen teña interese nalgunha, pódenos mandar un correo ou chamar aos teléfonos que figuran con cada unha das actividaes.
Gaita: 698122557
Guitarra: 607837292
Ioga: 653632291
Pandeireta e birimbao: 620904570
Pilates: 696555997
MAGOSTO POPULAR
Achégate o sábado 2 de Novembro a festexar o magosto con nós. Estaremos a partir das 18h no local preparando as castañas, cabazas e algunhas cousiñas máis.
Subscrever:
Mensagens (Atom)


