O Colectivo Terra de Pontedeume nace co obxectivo de plantar a nosa pequena semente na defensa e difusión dos dereitos do noso pobo, da nosa cultura, da nosa lingua e da nosa historia, desexando que esta semente xermole e floreza, xunto con outras moitas sementes, nun futuro mellor para o noso país.
segunda-feira, 4 de fevereiro de 2013
ENTROIDO NO TERRA
Para festexar o entroido, o vindeiro sábado día 9, imos degustar un cocido no local. Quen queira vir xantar, terá que confirmalo como máis tardar o xoves 7. Terá un prezo de 13€ para sóci@s e 15€ para non soci@s. O menú constará de sopa, cocido, postre, pan, auga-viño e grolos.
Tamén aproveitaremos para inaugurar o amaño do local grande, que está sendo reformado para facelo máis cómodo e incluir un espazo para @s nen@s. Pola tarde teremos un baile para grandes e pequen@s, e faremos unhas filloas para merendar.
Sen máis agradecervos que veñades disfrazad@s e que confirmedes con tempo a asistencia.