O vindeiro 11 de xaneiro, estará Pepe Sendón representando a obra de Howard Zinn Marx no Soho. Un texto documental moi escalrecedor e necesario en momentos como o que estamos a vivir.
Será ás 20:30 e o prezo da entrada son 5€.
A obra
Howard Zinn
escribiu ‘Marx in Soho’ en 1999 coa idea de perfilar a persoa
antes que o mito. A peza é un monólogo (ás veces máis ben un
soliloquio) que se centra na estadía de Marx no Soho londinense,
onde chega escapado coa súa familia despois de ser expulsado de
media Europa.
Vive nun mísero apartamento de dous cuartos que aluga baixo un nome falso e non sempre pode pagar.
Vive nun mísero apartamento de dous cuartos que aluga baixo un nome falso e non sempre pode pagar.
Nesas
penosas condicións, asiste á enfermidade da muller e á morte
dun fillo tras doutro. Pero a loita diaria pola supervivencia non
lle impide emprender, nun esforzo caótico e febril, a redacción da obra da
súa vida: O Capital, unha análise crítica e científica da
economía capitalista. Nesta peza teatral debúllanse as súas
dúbidas sobre o resultado de tamaño esforzo, o apoio permanente do seu amigo
Engels, as discusións cos colegas revolucionarios exiliados en Londres, a
súa vida íntima como home de familia (a lealdade por Jenny, a súa
esposa, a admiración por súa filla Leonor, as debilidades por
Helena, a criada), as súas reflexións sobre os acontecementos da
historia, mesmo do presente. O resultado é unha nova visión de
Marx, máis próxima ao home común que ao prometeo revolucionario.
Un Marx que afirma: ‘Eu non son marxista’.
Concebida para ser escenificada sen ningún aparato escénico, Marx no Soho busca unha proximidade dialogante co público e é apta para ser presentada en calquera tipo de auditorio apto para a palabra.
A duración
da peza é de unha hora, aproximadamente.