segunda-feira, 17 de fevereiro de 2014

ROSALÍA PEQUENIÑA

 Gustaríanos que participárades na actividade que temos programada para celebrar o Día de Rosalía. Trátase dun concerto de Uxía Senlle no que presentará o libro-cd "Rosalía pequeniña".O concerto vai dirixido tanto a pequen@s como a maiores, polo que pregamos que fagades a maior difusión posible. O prezo das entradas será de 3€ pequen@s (a partir dos 2 anos) e 5€ adult@s.
  Debido a que o señor alcalde non tivo a ben cedernos a Casa da Cultura, vémonos na obriga de realizar a actividade no auditorio do Centro de maiores de NovaGaliza Banco R/Ferreiros 20.
  Esta actividade, facémola en  colaboración coa Escola de ensino galego Semente Trasancos.
  Un saúdo e lembrade, domingo 23 de febreiro ás 18:30h, no auditorio do Centro de maiores de NCG banco (R/Ferreiros 20, Pontedeume)

OS DA RÍA

O sábado 22 de febreiro teremos no noso local a actuación do que podemos considerar o mellor grupo galego do século XXI. Na súa versión máis íntima farán un percorrido polo repertorio que os fixo famosos en todo o mundo e parte do extranxeiro.
 Se queredes, podedes mercar as entradas no Bar Fubolín.

quinta-feira, 2 de janeiro de 2014

REPRESENTACIÓN MARX NO SOHO

Comezamos o ano con teatro!!!
O vindeiro 11 de xaneiro, estará Pepe Sendón  representando a obra de Howard Zinn Marx no Soho. Un texto documental moi escalrecedor e necesario en momentos como o que estamos a vivir.
Será ás 20:30 e o prezo da entrada son 5€.

A obra

Howard Zinn escribiu ‘Marx in Soho’ en 1999 coa idea de perfilar a persoa antes que o mito. A peza é un monólogo (ás veces máis ben un soliloquio) que se centra na estadía de Marx no Soho londinense, onde chega escapado coa súa familia despois de ser expulsado de media Europa.

segunda-feira, 11 de novembro de 2013

V Xornadas micolóxicas de Pontedeume

Os vindeiros15,16 e 17 de novembro terán lugar ás V Xornadas micolóxicas de Pontedeume. Este ano, ademais do programa e o espazo habitual, contaremos coa participación do Colectivo Terra, con varios estabelecementos de hostalaría da vila que farán unha pequena ruta de petiscos micolóxicos, e cunha exposición permanente de cogomelos no CSO A Casa da Estación.