sábado, 1 de outubro de 2011

FOTOS DA PRESENTACIÓN DO LIBRO "COMO DEFENDERES OS TEUS DEREITOS LINGÜÍSTICOS"


Pois aquí vos deixamos as fotos da presentación do libro de Carlos Callón que vimos de facer este pasado venres.
Queremos agradecerlle a toda a xente que asistíu ao acto por facelo ameno e participativo, a Miguel que nos enmarcou perfectamente ao autor e á obra na situación sociolingüística actual do noso país e por suposto a Carlos por proporcionarnos esta ferramenta tan útil e necesaria nos tempos que vivimos.
É unha estupenda guía práctica de como defendermos os nosos dereitos lingüísticos, da que pensamos facer moito e bo uso. Animámosvos a todas e a todos a facer o mesmo!

terça-feira, 27 de setembro de 2011

COMO DEFENDERES OS TEUS DEREITOS LINGÜÍSTICOS

 
O vindeiro venres 30 de setembro ás 19:30 farase na biblioteca municipal a presentación do libro de Carlos Callón: "Como defender os teus dereitos lingüísticos". No acto participarán Miguel Rodríguez Carnota, profesor do IES Breamo e o propio autor. O acto será organizado polo Colectivo Terra en colaboración coa A Mesa pola Normalización Lingüística.

domingo, 18 de setembro de 2011

quarta-feira, 7 de setembro de 2011

FESTAS DAS PERAS 2011

DENDE O COLECTIVO TERRA DENUNCIAMOS QUE NON SE TEÑAN EN CONTA AOS GRUPOS MUSICAIS EUMESES NAS FESTAS DAS PERAS 2011.

Desde o Colectivo Terra de Pontedeume, queremos denunciar a actitude de menosprezo por parte do Goberno Municipal cara o tecido social e cultural eumés en xeral, pero nomeadamente no tocante aos grupos musicais do noso concello, ao non ter cabida na programación dos festexos das Peras 2011 ningunha das numerosas e variabeis en canto a estilo, formacións musicais de que dispoñemos, algunhas delas de contrastado prestixio e sona. Isto pese ao alto custe da partida que se gastará en orquestras, nun ano que debería ser de contención do gasto, tendo en conta o informe do ano 2010 no que o endebedamento das arcas municipais supera as peores expectativas.
Mais parece ser que a política cultural desta equipa de goberno, non debe ter como obxectivo a promoción da cultura producida polos/as nosos/as artistas, nin da contención do gasto, contratando en casa sen por iso baixar en calidade, máis ben debe ser, que se así o fixeran os seus xefes