sexta-feira, 22 de março de 2013

OBRADOIRO DE CLOWN

Queremos informarvos dun curso de Clown que impartirán no noso local membros do grupo teatral Niumpaloal´Arte.
Trátase dun curso monográfico de 12 horas, repartido en tres días. Neste obradoiro traballarase a deshinibición,
desenvolverase a comunicación e a escoita como base para iniciar improvisacións. Desenvolveranse as emocións e o sentido do humor como modelo de expresión e traballaranse as fórmulas cómicas para que @s participantes acaden as ferramentas precisas para construir números individuais, en parella e grupais, así como os seus propios espectáculos.
O obradoiro desenvolveríase os días 6, 7 e 8 de Maio de 16:00 a 20:00. Tería un prezo de 45€ para soci@s e 50€ para @s non soci@s. Teríamos que formar un grupo mínimo de 7 persoas, polo que se vos interesa inscribídevos canto antes.

sexta-feira, 8 de março de 2013

Representación de "O fútbol é así"

Ola a tod@s
Para celebrar o X aniversario da Web amiga Ábrete de orellas, imos ter no noso local a representación teatral da compañía Obras Públicas, "O fútbol é así", escrita e dirixida por Xosé Prieto e protagonizada polos actores Leandro Lamas e Mos. 60 minutos de música e teatro con xornalistas deportivos, coa afección e por suposto cos xogadores. Unha historia baseada en feitos inventados que ben puideron ter ocorrido na fase final dun mundial no que xogaba unha selección vestida de vermello.
A representación será o venres 15 de Marzo ás 21h. A entrada terá un prezo de 3€ para soci@s ou anticipada, e de 4€ na billetería.
Se queredes facer unha reserva, enviade un correo a abretedeorellas@gmail.com ou a colectivoterra@gmail.com .Dádevos présa que o aforo é limitado.

                      Vídeo de "O fútbol é así"

segunda-feira, 4 de fevereiro de 2013

ENTROIDO NO TERRA

Para festexar o entroido, o vindeiro sábado día 9, imos degustar un cocido no local. Quen queira vir xantar, terá que confirmalo como máis tardar o xoves 7. Terá un prezo de 13€ para sóci@s e 15€ para non soci@s. O menú constará de sopa, cocido, postre, pan, auga-viño e grolos. Tamén aproveitaremos para inaugurar o amaño do local grande, que está sendo reformado para facelo máis cómodo e incluir un espazo para @s nen@s. Pola tarde teremos un baile para grandes e pequen@s, e faremos unhas filloas para merendar. Sen máis agradecervos que veñades disfrazad@s e que confirmedes con tempo a asistencia.

sábado, 19 de janeiro de 2013

EM DEFESA DA LÍNGUA

  Desde o Colectivo Terra chamamos a participar este 27 de Janeiro na manifestaçom nacional convocada pola Plataforma Queremos Galego em defesa da língua e em resposta aos contínuos ataques que esta está a sofrer. Aderimos também ao Bloco Laranja, bloco que fará parte da manifestaçom agrupando ao reintegracionismo de base.
  A manifestaçom partirá às 12:00 desde a Alameda de Compstela. A seguir reproducimos os comunicados de Queremos Galego e do Bloco Laranja.

BLOCO LARANJA
Podemos motivar, podemos somar, mas é preciso virar o rumo
   O espanhol, que já era a língua praticamente única das cidades galegas mais povoadas, também se tornou a língua ambiental de um grande número das nossas vilas médias e até pequenas nos últimos anos. Nestas circunstáncias, também ficárom mui reduzidas as pessoas que tenhem algum tipo de contacto com a nossa língua. Sabia-se que ia acontecer e aconteceu, de maneira que algo tem que estar a falhar. Como tantas outras cousas na nossa sociedade, o movimento