terça-feira, 9 de abril de 2013

CURSO DE BIOCONSTRUCCIÓN 20 E 21 DE ABRIL


Os vindeiros 20 e 21 de Abril, teremos no noso local un curso de bioconstrucción. Será impartido por Javier Ovejero en horario de 16h a 20h. Para apuntarte mándanos un correo.



COMO CONSTRUIR A TÚA PROPIA CASIÑA 
SAUDÁBEL:
Aprende a plantexar, deseñar e construir unha pequena casa respetando o medio ambiente, a túa saúde e a dos que te rodean.
PROGRAMA:
  • SÁBADO 20 de Abril (4 horas):
  1. Conceptos básicos/permacultura/inspiración-creatividade
  2. Buscar un sitio/Clima/Sol/Auga/Terra/Seres vivos
  3. Cuestións legais/Calificacions/Permisos/Alternativas
  4. Plantexar/Deseñar/Planos/Maquetas/Materiais
  • DEBERES:
Deseñar e construir unha pequena maqueta da nosa casiña.
  • DOMINGO 21 de Abril (4 horas):
  1. Cimentos/Partes/Tipos/Materiais e técnicas
  2. Estructura e Tellado/Partes/Tipos/Materiais e técnicas
  3. Muros, portas e fiestras/ Partes/Tipos/Materiais e técnicas/Tratamentos da madeira
  4. Canalizacions/Tratamento de augas e residuos/ Composterio/ Electricidade

O curso é principalmente teórico (agás os deberes, con materiais incluidos) e orientado a Galiza, con máis contido do que posiblemente se poida asimilar nunha fin de semana, pero ofrecendo toda a información ampliada en forma de fotocopias a máis de formato dixital (traer Pen Drive de casa).
Ademáis, @s participantes interesad@s en completar a formación de forma práctica, serán incluidos nunha listaxe de contactos segundo os seus intereses. Deste modo, ao longo do ano, recibirán notificacións para formar parte gratuitamente de obradoiros prácticos preto de Compostela.
Aportación: 50 euros/40 euros a persoas en situación precaria (Falando primeiro).

sexta-feira, 22 de março de 2013

OBRADOIRO DE CLOWN

Queremos informarvos dun curso de Clown que impartirán no noso local membros do grupo teatral Niumpaloal´Arte.
Trátase dun curso monográfico de 12 horas, repartido en tres días. Neste obradoiro traballarase a deshinibición,
desenvolverase a comunicación e a escoita como base para iniciar improvisacións. Desenvolveranse as emocións e o sentido do humor como modelo de expresión e traballaranse as fórmulas cómicas para que @s participantes acaden as ferramentas precisas para construir números individuais, en parella e grupais, así como os seus propios espectáculos.
O obradoiro desenvolveríase os días 6, 7 e 8 de Maio de 16:00 a 20:00. Tería un prezo de 45€ para soci@s e 50€ para @s non soci@s. Teríamos que formar un grupo mínimo de 7 persoas, polo que se vos interesa inscribídevos canto antes.

sexta-feira, 8 de março de 2013

Representación de "O fútbol é así"

Ola a tod@s
Para celebrar o X aniversario da Web amiga Ábrete de orellas, imos ter no noso local a representación teatral da compañía Obras Públicas, "O fútbol é así", escrita e dirixida por Xosé Prieto e protagonizada polos actores Leandro Lamas e Mos. 60 minutos de música e teatro con xornalistas deportivos, coa afección e por suposto cos xogadores. Unha historia baseada en feitos inventados que ben puideron ter ocorrido na fase final dun mundial no que xogaba unha selección vestida de vermello.
A representación será o venres 15 de Marzo ás 21h. A entrada terá un prezo de 3€ para soci@s ou anticipada, e de 4€ na billetería.
Se queredes facer unha reserva, enviade un correo a abretedeorellas@gmail.com ou a colectivoterra@gmail.com .Dádevos présa que o aforo é limitado.

                      Vídeo de "O fútbol é así"

segunda-feira, 4 de fevereiro de 2013

ENTROIDO NO TERRA

Para festexar o entroido, o vindeiro sábado día 9, imos degustar un cocido no local. Quen queira vir xantar, terá que confirmalo como máis tardar o xoves 7. Terá un prezo de 13€ para sóci@s e 15€ para non soci@s. O menú constará de sopa, cocido, postre, pan, auga-viño e grolos. Tamén aproveitaremos para inaugurar o amaño do local grande, que está sendo reformado para facelo máis cómodo e incluir un espazo para @s nen@s. Pola tarde teremos un baile para grandes e pequen@s, e faremos unhas filloas para merendar. Sen máis agradecervos que veñades disfrazad@s e que confirmedes con tempo a asistencia.