segunda-feira, 24 de novembro de 2014

25 DE NOVEMBRO



25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIÓNAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

En 1981 celebrouse en Bogotá o Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe, onde se decidiu marcar o 25 de novembro como o Día Internacional da non violencia contra as mulleres. Esta data elexiuse para conmemorar ás irmáns Mirabal, tres activistas políticas que foron brutalmente asesinadas en 1960 por orde do gobernante dominicano Rafael Trujillo.
Hoxe, 25 de novembro de 2014, a violencia contra a muller segue sendo unha pandemia global. Até un 70% das mulleres sofre violencia na súa vida.

Neste contexto lemos,  con asombro, que a revista Time, acaba de realizar unha enquisa para averiguar cales son as palabras que os seus lectores dixitales non queren volver a ler en 2015. Entre as 15 palabras e expresións que os lectores poden votar

domingo, 16 de novembro de 2014

21 DE NOVEMBRO. BERLÍN, DE HISTERIA TEATRO.

Berlín, da companhia compostelá Histeria Teatro, chega ao Colectivo Terra de Pontedeume
O espectáculo de música e teatro estará neste centro social na sexta-feira 21 de novembro pela noite.

Lou Reed criou a começos dos 70 um disco que ele definiu como “um filme para os ouvidos”, no que conta a sórdida relação entre um casal numa cidade dividida. Berlín é o relato das vidas do Jim e a Caroline, marcadas pela pobreza, a prostituição, a violência e as drogas. O disco foi um insucesso comercial, ainda que muito interessante musical e narrativamente.

Mais de trinta anos depois, o filólogo, professor e músico Leo Fernández Campos, mais conhecido como O Leo i Arremecághona!!!, realizou um exaustivo labor de traduçom das letras das cançons, foi trabalhando nelas, e, junto com a jornalista e actriz Lara Rozados, levaram a cabo uma teatralizaçom, até que o ano passado, com a morte de Lou Reed, decidiram estrear a montagem com Histeria Teatro. Para isso contaram com a colaboraçom do director e actor Chiqui Pereira, membro da companhia Berrobambán. A estréia, com grande sucesso de público, foi na XIII Festa de Aniversário do Cineclube de Compostela, o passado 21 de junho, e agora retomam a gira deste espectáculo.

A seguinte paragem de Berlín será esta sexta-feira 21 de novembro, às nove da noite, no Colectivo Terra de Pontedeume (Boa Vista 8 baixo), com entrada de balde, ainda que se pode achegar a vontade.


Berlín conta com a direcção de Chiqui Pereira, e com Leo Fernández Campos nos papéis de Jim e o narrador e Lara Rozados como Caroline. O vestiario, atrezzo, cenografia e luzes são de Histeria Teatro, e o som, música e videos, de Leo Fernández Campos. O desenho gráfico e a fotografia correspondem a Jose Valiño.

quinta-feira, 16 de outubro de 2014

VOLVE O TREME A TERRA!!


O vindeiro sábado, 18 de outubro, celebraremos unha reunión para comezar a organizar o festival "Treme a Terra". Será aberta a toda a xente interesada, polo que esperamos a túa asistencia e apoio. Repartiremos Lotaría de Nadal para vender e dispor de cartiños para comezar a traballar!
Farémola ás 16:30 hs. no local social do Colectivo Terra (Boa Vista, Nº8, baixo)

sexta-feira, 3 de outubro de 2014

10 DE OUTUBRO "FALANDO CLARO" DE PEPE SENDÓN

O próximo venres 10 de outubro Pepe Sendón recunca no Terra. Desta vez presetará a obra "Falando claro" que trata a historia de Claro José Sendón Lamela  o anarquista de Louro.
FALANDO CLARO trata de reconstruír a vida aventureira dun personaxe único a través dos textos que nos deixou. Por medio deles transitaremos pola Semana Tráxica arxentina, polos anos 20 neoiorquinos, polo Crack de 1929 e a posterior Grande Depresión, pola vitalidade dos primeiros días da República e o agre Bienio Negro, por insólitos episodios do anarquismo galego, polos ominosos días previos
á sublevación militar e, !nalmente, pola Guerra Civil española.
As palabras dun rebelde, deste afouto rebelde de Louro, libertarias e radicais, agudas e retranqueiras, dramáticas e emocionantes, serán a nosa guía para coñecer unha !gura novelesca que malia parecer de outro mundo, é do noso; e para revisitar unha parte moi importante do noso pasado, que malia parecer de outra historia, tamén é a nosa.
A representación comezará ás 21h e a entrada terá un prezo de 5€.