segunda-feira, 21 de abril de 2014

"HÁMSTER" POR HISTERIA TEATRO

O próximo venres  25 de Abril  ás 20:30 estarán o noso local Histeria Teatro coa representación de Hámster, obra do dramaturgo moañés Santiago Cortegoso.
Nesta obra, unha parella de hámster convive na súa gaiola. El é feliz coa súa situación tal e como está, e a súa maior ansia é gustarlle ao público que o vén ver. Pero ela non se conforma co que xa coñece, quere explorar máis alá, e por iso ten a maleta preparada. As vicisitudes e contradicións do hámster macho e a hámster femia son o fío argumental deste “pretexto para un espectáculo de teatro físico sen cancións”, co que Santiago Cortegoso gañou nos encontros Magalia de teatro hai xa varios anos.
A entrada é gratuita, e cada espectador aportará ao final da obra o que entenda que é o xusto polo espectáculo que remata de desfrutar.
Lembrade que o local do Colectivo Terra está situado en Boa Vista 8 Baixo. Pontedeume. GZ