segunda-feira, 4 de fevereiro de 2013

ENTROIDO NO TERRA

Para festexar o entroido, o vindeiro sábado día 9, imos degustar un cocido no local. Quen queira vir xantar, terá que confirmalo como máis tardar o xoves 7. Terá un prezo de 13€ para sóci@s e 15€ para non soci@s. O menú constará de sopa, cocido, postre, pan, auga-viño e grolos. Tamén aproveitaremos para inaugurar o amaño do local grande, que está sendo reformado para facelo máis cómodo e incluir un espazo para @s nen@s. Pola tarde teremos un baile para grandes e pequen@s, e faremos unhas filloas para merendar. Sen máis agradecervos que veñades disfrazad@s e que confirmedes con tempo a asistencia.

sábado, 19 de janeiro de 2013

EM DEFESA DA LÍNGUA

  Desde o Colectivo Terra chamamos a participar este 27 de Janeiro na manifestaçom nacional convocada pola Plataforma Queremos Galego em defesa da língua e em resposta aos contínuos ataques que esta está a sofrer. Aderimos também ao Bloco Laranja, bloco que fará parte da manifestaçom agrupando ao reintegracionismo de base.
  A manifestaçom partirá às 12:00 desde a Alameda de Compstela. A seguir reproducimos os comunicados de Queremos Galego e do Bloco Laranja.

BLOCO LARANJA
Podemos motivar, podemos somar, mas é preciso virar o rumo
   O espanhol, que já era a língua praticamente única das cidades galegas mais povoadas, também se tornou a língua ambiental de um grande número das nossas vilas médias e até pequenas nos últimos anos. Nestas circunstáncias, também ficárom mui reduzidas as pessoas que tenhem algum tipo de contacto com a nossa língua. Sabia-se que ia acontecer e aconteceu, de maneira que algo tem que estar a falhar. Como tantas outras cousas na nossa sociedade, o movimento

quarta-feira, 26 de dezembro de 2012

O APALPADOR

Este nadal por fin chega o Apalpador a Pontedeume.
Se o ano pasado eran @s compañeir@s da Gentalha do Pichel quen nos acompañaban para presentar o seu libro " A teoria do inverno, os presentes do Apalpador", este ano imos ter a visita do vello carboeiro.
Este venres 28 a partir das 18:00, estaremos polo local  realizando diferentes actividades para @s nen@s. Poderán pintar, haberá un teatriño, globoflexia...
Pasádevos!!!

terça-feira, 11 de dezembro de 2012

POLAFÍA EN PONTEDEUME

As polafías son un proxecto da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), coordinado polo vogal de Literatura de Tradición Oral, Antonio Reigosa, e que conta coa colaboración de diversas asociacións e co patrocinio de institucións públicas.
A palabra polafía é un neoloxismo referido ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais, e ten como obxectivo primordial o de poñer en valor e rescatar do esquecemento o valioso patrimonio oral, literario e musical, galego. O termo polafía quere reunir no seu significado o mellor dos diferentes matices e acepcións de vellas palabras (polavilas, fías, fiadas, fiandóns, seráns,...) con semellantes contidos. A principal diferenza, en canto ao desenvolvemento, daquelas xuntanzas de antigo co desta nova proposta é que agora podemos, e debemos, axudarnos das novas tecnoloxías, desde os aparellos de gravación, que favorecen o arquivo e estudo do recompilado, ata o uso de novas tecnoloxías, caso de internet, que poden contribuír a unha ampla difusión deste patrimonio.
O formato das polafías require a presenza dun mantedor, divulgador ou especialista que introducirá e comentará as principais características das pezas e xéneros literarios amosados, dun recitador de poesía anónima ou de autor de feitío popular; dun músico, que interpretará romances, coplas ou cantares de raiceiras tradicionais. Sen embargo, o elemento humano transcendental e imprescindible no desenvolvemento de cada polafía constituírano os homes e mulleres, narradores, cantadores, romanceadores...etc, veciñas e veciños de cada lugar onde se desenvolva a polafía, pois eles son os auténticos protagonistas, os que xenerosamente transmiten o seu saber.
O que suceda nas polafías será gravado e logo difundido a través da web da AELG. As polafías teñen unha duración aproximada de 90 minutos.
http://galiciaencantada.com/dentro.asp?c=0&id=2197
http://www.aelg.org/